Quen Somos?

logo fegatur

Coa denominación de “Federación Galega de Turismo Rural” (FEGATUR) constituise en Pontedeume, o día 21 de xullo de 2003, unha organización de natureza asociativa e sen ánimo de lucro, ó amparo do disposto no artigo 22 da Constitución Española, a Ley Orgánica 1/2002, de 22 de marzo, reguladora do Dereito de Asociación e demáis disposicións vixentes.

Esta Federación pretende prestar servizos ós seus asociados, englobando as Asociacións locais ou comarcais, ó igual que fomentar o turismo  rural en todo o territorio autonómico servindo como referente para o desarrollo de actividades turísticas no medio rural.

Pertencer á nosa Federación ten numerosas ventaxas. Poderás ser socio si es unha asociación ou tamén podemos federarte como propietario particular

Porqué facerme socio??

  • FEGATUR é a voz que representa o turismo rural dentro do Clúster de Turismo, ente que xestiona todo o relacionado en materia de turismo coa Administración e aglutina ó 80% do sector turístico de Galicia.
  • Poderás participar nos nosos programas, como os Bono Regalo ou a Central de Reservas.
  • Terás gratuito coa cuota o Seguro obligatorio de Responsabilidade Civil para o teu establecemento.
  • Promoción dentro dos programas, actividades e paquetes que organizamos de forma conxunta para Galicia.
  • Usar a nosa web e central de reservas para promocionarte e chegar a máis clientes.
  • Beneficiarte de acordos ou convenios que establecemos con empresas.
  • Representación nas feiras máis importantes de turismo (Fitur, Intur, Agrotur…). Puidendo facilitarnos o teu material para expoñer nos nosos stands.